Actividades

Outras actividades

Desde o 4 ao 7 de decembro, no stand 38.
Do 16 de outubro de 2008 ao 17 de outubro de 2008
Este seminario internacional reuniu representantes do mundo editorial, da crítica e da creación poética, tanto de Galiza como de Irlanda, co obxecto de poñer en común as súas experiencias en relación ao fenómeno recente de emerxencia de mulleres poetas en ambas comunidades. Deuselles a palabra ás escritoras, quen dialogaron cos críticos e editores sobre as relacións entre creación, edición e crítica.
26 de agosto de 2008
Unha coedición da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Do 18 de marzo de 2008 ao 20 de marzo de 2008
Coa colaboración da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo e a S. X. de Política Lingüística.
Co patrocinio da Deputación da Coruña, a Aelg continuará este primeiro trimestre citando os socios/as da Aelg para continuar enriquecendo o portal web coas súas gravacións.
O acto, que tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (Campus de Elviña), o 24 de outubro, ás 10:30; contouse coa presenza do Conselleiro de Innovación e Industria, Sr. D. Fernando Xabier Blanco Álvarez, do Vicerreitor de Extensión Universitaria e Comunicación, Sr. D. Luís Caparrós Esperante, do Presidente da Asociación de Escritores, Sr. D. Cesáreo Sánchez Iglesias, e da investigadora do Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña, Sra. Dona Ángeles S. Places.
Os/as Socios/as da Aelg contan con novo persoal para acelerar o proceso de dixitalización dos materiais para o Centro de Documentación.
28 de xuño de 2006
O día 28 de xuño os presidentes de ambas entidades asinaron na sede da Fundación Sotelo Blanco un acordo de colaboración e patrocinio.
Do 15 de xuño de 2006 ao 31 de agosto de 2006
A Aelg conta xa cunha nova aplicación ofimática creada ex professo para cubrir as necesidades da asociación. Con esta nova ferramenta facilítase enormemente o traballo de oficina e conseguirase unha maior produtividade, flexibilidade e seguridade na base de datos de socios/as. Durante este verán procederase a migrar os datos para este aplicativo.

Páxinas

...
20
...