Con carácter gratuíto e coa fin de que todas as autoras e autores poidan rexistrar as súas obras literarias dun xeito áxil, seguro e con todas as garantías legais e protección a todos os efectos, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega acolleu con gran satisfacción a oferta do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) para abrir na páxina web da AELG un espazo para acceder a ese Rexistro. Moi importante: é imprescindíbel, para acceder a este servizo a través da xanela aludida, ser socia/o de CEDRO e entrar cos datos asociada/o e contrasinal que cada autor/a teña desa entidade.
A continuación informamos das posibilidades que ofrece e da súa utilidade para o traballo de escritoras/es e tradutoras/es.
É un servizo para protexer a propiedade intelectual de autoras/es e editoras/es socias/os de CEDRO, mediante a certificación dixital de confianza de obras textuais. Este servizo pode ser utilizado para xestionar os teus dereitos en procesos ante a administración, en negociacións con plataformas tecnolóxicas e en calquera controversia en materia de propiedade intelectual.
Con este servizo, todo autor e toda autora pode:
Rexistrar: xeraranse as pegadas dixitais dunha obra e as súas posíbeis versións. Deben seguirse os seguintes pasos:
Certificar: poderá certificar a existencia dunha obra nun momento determinado. Esta ferramenta é útil para:
Verificar: poderá verificar a validez dun certificado e proba de coincidencia con outras obras rexistradas. Con esta funcionalidade poderá: