Desde o 4 ao 7 de decembro, no stand 38.
Foto da actividade

Falemos de Libros

Medio cento de escritores/as darán conta da súa actualidade creativa nunha emisión ao vivo a través da web da asociación.

"Falemos de Libros" trae a medio cento de escritores e escritoras galegas para dar conta da súa actualidade creativa mediante unha emisión ao vivo a través da web da AELG, súa sección Aula de escritores. Os autores/as falarannos dos proxectos creativos que os/as ocupan neste momento.

Nesta cita figuran nomes como Francisco Xosé Fernández Naval, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Rivas, Santiago Jaureguízar, María Reimóndez, Rivadulla Corcón, Marica Campo e Yolanda Castaño, entre outros.
Descarga en PDF o calendario da presenzas dos/as escritores/as no programa "Falemos de Libros"

 


 

No stand 38, os/as visitantes poderán tamén coñecer todo o labor editorial da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poderán tamén recoller gratuitamente os carteis que se editaron en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte para cumprir cun dos obxectivos desta Asociación: contribuír á visualización social dos nosos escritores e escritoras.

Aqueles escritores/as (non só de escrita creativa, tamén ensaística, xornalística...) interesados/as en formar parte da Asociación poden recoller a documentación necesaria para solicitar a súa alta.

Agardámosvos.