Actividades

Outras actividades

5 de maio de 2006
O acto tivo lugar o venres 5 de maio ás 20 horas na sede coruñesa da RAG (Tabernas,11) e nel interviñeron os presidentes da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e da RAG, Xosé Ramón Barreiro, o catedrático e académico Xosé Luís Axeitos, o xornalista e editor Xan Carballa ademais do autor da obra e membro da Xunta Directiva da AELG Henrique Rabuñal.
8 de abril de 2006
Iniciouse en Sarria o programa "Palabra na Solaina", coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a D.X. de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte, e mais Turgalicia. "Palabra na solaina" achega a literatura aos visitantes dos hoteis e casas rurais galegas; ao tempo que se adentran no coñecemento das paisaxes, da cultura e das xentes das comarcas do noso país, esta iniciativa convida a descubrir autores e autoras que mostran o mellor da súa creación e, a través dela, a terra que lles deu a vida.
31 de marzo de 2006
A AELG organizou, xunto coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, a homenaxe a este libreiro, editor, pintor e poeta, grande activista cultural de fondo sentimento galeguista e republicano. A actividade de recoñecemento público celebrouse no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia (R/ Médico Rodríguez, A Coruña) ás 20.00 horas do serán.
Do 30 de novembro de 2005 ao 1 de decembro de 2005
Do 3 de novembro de 2005 ao 5 de novembro de 2005
Coincidindo co primeiro cabodano do pasamento do polifacético escritor Manuel María, a AELG coorganiza, xunto coa Universidade da Coruña, a AS-PG, a CIG e a Mesa pola Normalización Lingüística o Congreso Manuel María: Literatura e Nación, que se desenvolverá entre os días 3, 4 e 5 de novembro na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
2 de febreiro de 2005
Vinte postais con imaxes de pechaduras e textos de escritores galegos reflicten a relación entre a literatura galega e Compostela.
Do 7 de outubro de 2004 ao 22 de xuño de 2006

Páxinas

...
21