Iniciouse en Sarria o programa "Palabra na Solaina", coa colaboración da
Asociación de Escritores en Lingua Galega, a D.X. de Creación e Difusión
Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte, e mais Turgalicia.
"Palabra na solaina" achega a literatura aos visitantes dos hoteis e casas
rurais galegas; ao tempo que se adentran no coñecemento das paisaxes, da
cultura e das xentes das comarcas do noso país, esta iniciativa convida a
descubrir autores e autoras que mostran o mellor da súa creación e, a
través dela, a terra que lles deu a vida.