28 de setembro de 2009
Organizan: Fundación Cultural Hispano-Brasileña e Vicerreitoria de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Colabora: Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Foto da actividade

28 de setembro,  19.30
Paraninfo da Faculdade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.


Depois de inaugurar o programa “Escritor Visitante” en 2007 con Ferreira Gullar (tamén convidado da Universidade de Santiago de Compostela), a Fundación Cultural Hispano-Brasileña, con a Vicerreitoria de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela e, agora tamén, con a parceria da Asociación de Escritores en Lingua Galega promoven a visita de João Gilberto Noll a Santiago de Compostela. Noll participará no cadro dos “Encontros no Paraninfo”. Acompañan a Noll o escritor galego Carlos Quiroga e, como moderadora, Carmen Villarino Pardo -profesora da USC-.

João Gilberto Noll:
Nacido en Porto Alegre en 1946, é autor de 13 libros e un dos principais exponentes da literatura brasileira contemporánea. Recebeu vários prémios, entre eles, en cinco ocasións o “Prêmio Jabuti”, o mais prestixioso do Brasil. O seu romance Harmada figura na lista dos “100 libros esenciais da literatura brasileira”. É un autor que aprofunda na experiencia humana, perturbadora e radical das últimas décadas. Os seus textos 'musicais' eliminan as fronteiras entre prosa e poesia, ficción e autobiografia, e están inspirados na disolución da identidade e as viaxes, temas que o obsesionan e contribuen para a sua posición de prestixio no Brasil.