En colaboración coa D.X. de Xuventude, tiveron lugar un total de 30 obradoiros dirixidos ás diferentes etapas educativas do ensino obrigatorio e post-obrigatorio.
Continuando coa colaboración co Servizo Galego de Igualdade comezada o pasado ano, está en marcha unha nova quenda de obradoiros a cargo de escritoras socias da Aelg para colectivos de mulleres por todo o país.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, ofertou a centros de ensino primario e secundario, así como a diversos campamentos e campos de traballo de verán, unha serie de obradoiros de creación literaria, que se estenderon até rematar agosto.