A Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, comeza o 30 de outubro en Lourenzá unha nova quenda de 2 obradoiros de creación literaria.
- Lourenzá, 30 de outubro, entre as 17:30 e as 19:30, na Biblioteca Municipal : Mª Xosé Lamas
- Sada, 14 de novembro, ás 19 horas, na Casa da Cultura: Antía Otero
O obxectivo xeral é o de contribuír á dignificación da identidade feminina a través da literatura, colaborando na visibilización da obra das nosas escritoras, reflexionando e demostrando a existencia dunha escrita feminina.