A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a través do Servizo Galego de Igualdade da Secretaría Xeral da Igualdade, poñen en marcha un novo ciclo de obradoiros; desta volta o público destinatario son colectivos de mulleres dos concellos asinantes dos convenios da Rede de Información ás Mulleres.

O obxectivo xeral é o de contribuír á dignificación da identidade feminina a través da literatura, colaborando na visibilización da obra das nosas escritoras, reflexionando e demostrando a existencia dunha escrita feminina.

O pasado 10 de novembro tivo lugar o primeiro deses obradoiros en Caldas de Reis, dirixido pola escritora Marta Dacosta.

Están previstos outros dous, na Pobra de Trives e mais en Santiago, a cargo de Mª Xosé Queizán e María Reimóndez respectivamente.