Estes obradoiros foron concibidos como unha oportunidade de achegar á mocidade os nosos autores e autoras e á súa obra, o que fará que coñezan a realidade cultural do país. 
A impartición dun total de 30 obradoiros no ensino permitiu que entre 500 e 600 mozos e mozas, pertencentes ás diferentes etapas educativas do ensino obrigatorio e posobrigatorio –primaria, secundaria e bacharelato-, puideran compartir unha experiencia única de descuberta literaria, tendo como guía teórico e práctico un escritor ou escritora destacados de entre o panorama literario en galego actual. E todo isto ao longo de cinco sesións semanais de dúas horas continuadas e para cuxa organización a AELG contou sempre cun/cunha profesional no centro, que actuou como coordinador/a ou responsábel da actividade nese colexio ou instituto. 
OBXECTIVOS QUE SE DESENVOLVERON
Crear espazos para contar, escoitar, fabular, inventar, imaxinar... 
Fomentar nos máis pequenos o gusto pola lectura, compañeira inseparábel da escrita e fonte da que se nutre, como medio de apreixar o mundo, de coñecelo, de entrar noutras vidas e sentirse reflectido noutras  experiencias.
Espertar o amor polas palabras, pola súa maxia, que reflicten o mundo e alimentan a fantasía, recrean realidades e teñen o poder da transformación. 
Coa presenza de autores, transmitir a experiencia, co ser posto en xogo, coa paixón de facer aquilo que non se pode evitar como é o acto de crear, afondando nos motivos que alimentan a súa obra.
Proporcionar estratexias básicas para a escrita, destacando que para escribir hai que desenvolver a capacidade de observación,  no propio interior e na relación que mantemos coa realidade circundante.
Recoñecer as propiedades esenciais que reúne un texto escrito (corrección, adecuación, coherencia e cohesión) e aplicalas na composición dos textos propios.
Mellorar o proceso cognitivo da lectura para unha correcta interpretación textual.
Desenvolver actitudes positivas a respecto da elaboración de borradores, así como da súa redacción e mellora.
Afondar no coñecemento interno e no dominio máis rico posíbel do idioma.
Utilizar con fluidez recursos básicos da expresión escrita como a puntuación, o estilo directo e indirecto, a modalidade oracional e as figuras retóricas máis habituais.
ACTITUDES QUE SE PROMOVERON
Valoración do feito literario como produto lingüístico, estético e sociocultural.
Afección pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros e épocas, utilizando criterios propios de selección, interpretación e valoración.
Interese polo uso das bibliotecas e respecto polas normas que rexen a súa utilización.
Interese e gusto por transmitir as propias ideas, experiencias e sentimentos a través da creación literaria propia, explotando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua.
Valoración crítica dos factores políticos, económicos e sociolingüísticos que condicionaron a evolución da literatura galega.
Respecto e valoración ante as producións literarias propias e alleas.
Interese por expresar as propias ideas, sentimentos e fantasías mediante diferentes formas literarias.
Os centros foron os seguintes:
| 
 | 
 Centro  | 
 Concello  | 
| 
 1  | 
 IES Lucus Augusti  | 
 Lugo  | 
| 
 2 e 3  | 
 2 Grupos de nenos de Altas Capacidades  | 
 Santiago, procedentes de toda Galiza  | 
| 
 4  | 
 Ceip Pío XII  | 
 Santiago  | 
| 
 5  | 
 IES A Pinguela  | 
 Monforte de Lemos  | 
| 
 6  | 
 CEIP Ramón Cabanillas  | 
 Santiago de Compostela  | 
| 
 7  | 
 CEIP Eladia-Mariño  | 
 Cabanas  | 
| 
 8  | 
 CEIP de Cedeira  | 
 Redondela  | 
| 
 9  | 
 CEIP Cruceiro  | 
 Sanxenxo  | 
| 
 10  | 
 CEIP de Tenorio  | 
 Cotobade  | 
| 
 11  | 
 CEIP Labarta Pose  | 
 Zas  | 
| 
 12  | 
 IES David Buján  | 
 Cambre  | 
| 
 13  | 
 CPI Monte Caxado  | 
 As Pontes  | 
| 
 14  | 
 CEIP Parada-Campañó  | 
 Pontevedra  | 
| 
 15  | 
 IES Camilo José Cela  | 
 Padrón  | 
| 
 16  | 
 CEIP Unión Mugardesa  | 
 Mugardos  | 
| 
 17  | 
 CEIP Rosalía de Castro  | 
 A Coruña  | 
| 
 18  | 
 CPI Laureano Prieto  | 
 A Gudiña  | 
| 
 19  | 
 CEIP San Xoán de Filgueira  | 
 Ferrol  | 
| 
 20  | 
 CEIP de Monseivane  | 
 Vilalba  | 
| 
 21  | 
 IES A Paralaia  | 
 Moaña  | 
| 
 22  | 
 CEIP de Baño-Xanza  | 
 Valga  | 
| 
 23  | 
 CEIP Xosé Fdez. López  | 
 O Porriño  | 
| 
 24  | 
 CEP Carlos Casares  | 
 Salvaterra de Miño  | 
| 
 25  | 
 Ceip de Carnota  | 
 Carnota  | 
| 
 26  | 
 IES Sanxillao  | 
 Lugo  | 
| 
 27  | 
 CEIP Víctor Sáenz  | 
 Mazaricos  | 
| 
 28  | 
  CEIP Praia Xardín  | 
 Boiro  | 
| 
 29  | 
 IES Pedra da Auga  | 
 Ponteareas  | 
| 
 30  | 
 CEIP de Bandeira  | 
 Silleda  | 
		