24/2/2010
Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, mañá, 24 de febreiro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) convoca o conxunto da sociedade galega para unha serie de actos simultáneos en diferentes cidades galegas, onde se dará lectura pública a un manifesto en defensa da lingua e a cultura galega.