Agradecemento da Asociación de Escritores en Lingua Galega
19/7/2010
A todas as entidades e persoas que apoiaron o cortexo cívico de homenaxe a Rosalía de Castro.

 

 

Agradecemos fondamente ao movemento asociativo cultural e veciñal que en número de máis de douscentos colectivos apoiou esta convocatoria, defensores sempre dunha cultura galega viva e con participación popular, democrática.

Agradecemos a toda cidadanía, que veu dende os catro puntos cardinais da nación toda, que deu o seu apoio a esta mobilización, a esta convocatoria da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Así como a todas e todos os que traballaron para que fose un día de masiva celebración dun dos símbolos da nación dos galegos e galegas, que reencarna os nosos anceios de pobo libre, sedimentados xeración tras xeración ao longo dos séculos.

 

O Consello Directivo da AELG