3 de xuño de 2006
A Homenaxe "A escritora na súa terra", actividade anual da AELG, conforma xa unha tradición na entidade como contrapunto ao Día das Letras Galegas coa vontade de honrar escritores/as vivos/as, coa plantación dunha árbore simbólica elixida polo homenaxeado/a, inauguración dun monolito conmemorativo e entrega da Letra E.
Nesta edición de 2006 honramos na súa terra a Mª do Carme Kruckenberg.