A Homenaxe “O/A Escritor/a na súa Terra”, que cada ano impulsa a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou neste 2012 a súa XVIII Edición recaendo, por decisión da Asemblea de Socias e Socios, na figura de Xavier Rodríguez Baixeras. 
 Celebramos esta XVIII edición o  sábado 2 de xuño,  na vila de Ribadeo, que con nós colaborou.
Programa de actos
 11.30 
Parque “Os Canapés” (O Xardín)
Plantación da palmeira (árbore simbólica do escritor) e descubrimento do Monólito conmemorativo dedicado ao homenaxeado
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
 • Mari Luz Álvarez Lastra, Concelleira de Cultura, Educación e Igualdade
 • Xavier Rodríguez Baixeras
 12.30 
 Salón de Plenos da Casa do Concello de Ribadeo
Acto de entrega da letra E
 • Fernando Suárez Barcia, Alcalde de Ribadeo
• Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG
• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG
• Xosé María Álvarez Cáccamo. Laudatio
 • Entrega da peza escultórica de Silverio Rivas
• Resposta á laudatio por parte de Xavier Rodríguez Baixeras
 13.45 
Visita ao Parque Xavier Rodríguez Baixeras (zona do Cargadeiro)
 14.30 
 Restaurante “O Cabazo”
 Xantar de Confraternidade.
Vexa aquí o cartel e o programa
  en pdf.
 A biografía nómade de Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945), o seu tránsito de habitante en diferentes cidades e países, a procura do centro estábel nalgún punto da rosa dos ventos –maiormente a Beira Norte, a Mariña, de Ribadeo a Nois–, conforman constantes existenciais que alicerzan o edificio da súa escrita, asentada sobre os símbolos da Viaxe e a Casa, arquetipos dinámicos en constante interacción complementaria.
		

