A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2013 a Marica Campo, quen nos levou ás terras do Incio o día 15 de xuño.
11.30 Praza da Casa do Concello do Incio (A Cruz do Incio)
Acto de entrega da letra E





Entrega da peza escultórica de Silverio Rivas



13.00 Campo da Festa-Souto Marica Campo (Val do Mao)
Plantación da camelia (árbore simbólica da escritora) e descubrimento do Monólito conmemorativo e da placa que atribúe o nome da homenaxeada ao Souto.
Interveñen:





14:30 Hotel-restaurante “A Veiga”, Samos (Estrada Samos-Sarria)
Xantar de Confraternidade. 
A Homenaxe A Escritora na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XIX edición  recaendo,  por  decisión  unánime  da  súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Marica Campo, que  foi homenaxeada na  súa  terra natal, o Val do Mao.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de case dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeada cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a  (unha  peza  escultórica  asinada  por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica (unha camelia branca elixida pola propia autora), a colocación  dun  monólito  conmemorativo  e  a atribución do nome da homenaxeada a un espazo público, neste caso ao Campo da Festa-Souto Marica Campo.
Pode descargar aquí o pdf co políptico da Homenaxe.
 ![]()
![]()
.jpg)
		

