Nacida no rural de Lugo (Galiza, 1955). Casada e nai adoptante. Licenciada e Doutorada em Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (homologada pola de Porto).
Xubilada como Profesora Titular, que exerceu durante 31 anos na Universidade de Vigo, área de Botánica.
Desde 1978, investigadora en Micoloxía: taxonomía, ecoloxía, catalogación de cogomelos, aplicacións forestais e agrícolas, etnobotánica e etnomicoloxía (Premio de Investigación Micolóxica Galega (1983).
Publicación de numerosos trabalhos de investigación, participación en numerosos congresos e descrición de media ducia de especies novas para a ciencia. Premio Bióloga do Ano en Galicia, 2022 e dos Colexios Profesionais en 2023.
Desde 1980, divulgadora científica en portugués, castelán e galego (Premio Lois Peña Novo, 2022 como defensora do galego na ciencia).
Ecoloxista, feminista e, recentemente, novelista (A Saga das Curandeiras, 2022).
[Decenbro, 2023]