Fabio
Rivas

Fabio Rivas (Pontevedra, 1997) é graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios. Na actualidade, compaxina o mestrado de Ensino Secundario co seu traballo como libreiro na cidade onde naceu. Nos últimos anos recibiu diferentes premios de narración breve, como o II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria-Concello de Moaña (2021), o XXV Certame Literario de Piñor (2022), o Premio de Relato Curto da Universidade de Vigo (2021, 2022 e 2023) ou o XVII Concurso de Relatos Liceo de Noia (2023). En outubro de 2022 recibiu a proposta de publicar coa editorial Xerais, que se materializou en xuño de 2023 coa súa primeira obra, A pintura debida, un libro composto por oito relatos enfiados entre si.

[Setembro, 2023]