Do 1 de setembro de 2020 ao 31 de decembro de 2020
Unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña

Os Paseos literarios son unha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía poida gozar persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

En 2020, a AELG promoveu a elaboración textual de varios Paseos literarios que se desenvolveron anteriormente na provincia da Coruña, permitindo que todas aquelas persoas que non puideron estar presentes no paseo físico poidan acceder libremente ao traballo realizado polas autoras e autores.

Os Paseos recollidos neste desenvolvemento da iniciativa orixinal son os seguintes:

- Todo isto antes era noite (coruñesa), de Lucía Aldao.

- Once portas. Visita guiada, de Héctor Cajaraville.

- Luísa Villalta, o espello do mar e do vento, de María Casar.

- Un bestiario en Oza, de Antonio Manuel Fraga.

- A Compostela Conspiradora, de Manuel Gago.

- Compostela Vermella, de Arantza Portabales.

- Da Casa do Remo á Illa do Paraíso, de Xurxo Souto.

- A Coruña. Cartografía con puntos de fuga, de Dores Tembrás.

- Mulleres donas do seu soldo, de Diana Varela Puñal.

- Compoescenas. Paseo dramático polos escenarios teatrais de Compostela, de Roi Vidal Ponte.