María Canosa e o proxecto Brazolinda foron tamén premiadas polo xurado, que recoñeceu o seu labor na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galiza tanto no ámbito da provincia como a nivel galego
O xurado destacou o traballo da AELG e de cada un/ha dos seus membros desenvolto na literatura, nos seus diversos xéneros, valorando a importancia da actividade das/os escritoras/es no fortalecemento social, no período da pandemia