Na Asemblea Xeral Ordinaria do 20 de xaneiro acordouse conceder o galardón "Escritor Galego Universal" ao autor angolano Pepetela, que veu ao noso país no mes de maio recoller o premio na tradicional Cea das Letras da Aelg. Impartiu así mesmo varias conferencias por todo o país.
Na Asemblea Xeral Ordinaria do 20 de xaneiro acordouse conceder o galardón da Premio Aelg para Institucións á traxectoria de máis de 16 anos do programa "Diario Cultural", na Radio Galega.
Cea de entrega do II Premio Manuel Maria á Dignidade Nacional, que terá lugar no Hotel Los Abetos (S. Lázaro s/n), o día 21 de abril ás 22.00.
Os teléfonos de contacto son: 982 242 682 e 981 576 800.
No pasado mes de decembro a Aelg remitiu a centros educativos de toda Galiza a convocatoria da nova andaina dos 20 obradoiros de creación literaria que serán impartidos polos socios-as da Aelg.