Corazón bolchevique, lingua solta, príncipe desterrado no deserto, tampouco tu se nada é certo es certo, nin existe memoria da revolta. Mil homes libres son a túa escolta, mil homes sabios coma un libro aberto, mil corazóns que manca o desconcerto de quen sabe que a historia non ten volta. Príncipe destronado, se da illa na noite desta vida tan escura non chega un berro unánime e proscrito, ¡maldita sexa toda marabilla, maldito sexa Marx na sepultura, todo santo varón sexa maldito! |