Levabas unhas roupas que mercaras no zoco de Basora, liño e seda, e un cinto de almafí. Os beizos longos abertos en poesía, que brillaba como as pedras de ouro, e, mentres tanto ían caendo as bágoas dos meus ollos, sorrían inconscientes os teus dentes coa cor branca da lúa. Eu berreiche: tódalas fontes teñen caranguexos, baixo tódalas augas, agachado, está o frío do peixe. Nos teus ollos facía circos aínda o teu sorriso e afondábase nel, como nun lago, ese anaco perdido da beleza. |