Centro de Documentación da AELG
Verbas da terra - A ela
Máiz Togores, Xosé María

       A ELA

Sábeo.
Aínda en soños,
agóchote no meu leito,
quentando a cotío
o meu baleiro espírito
co vivo lume
do teu abondoso recordo.