Centro de Documentación da AELG
Verbas da terra - Adolescencia
Máiz Togores, Xosé María

 

     ADOLESCENCIA

...e asaltamos aquel afastado
recuncho
coma póliñas esfolladas
dunha árbore xa vella,
e situámo-lo noso tempo
esquecido
nun leito de pétalos de rosa.
Cada chopiño,
cada memoria adolescente,
é un salaio fóra de tempo,
é un ramallo de azaleas
e de hortensias
berrando saudades d
unha idade
a penas hoxe latente.