MORRIÑA
Unha fría e babuxenta
ardentía
feriu onte
a miña memoria.
Nacera a melancolía,
alporizada
nun mergullo
de desertas mans.
E no interior de min
xorde
unha festeira música
que manseliñamente
me ceiba
desta roca de soños
con ás de ceo e mar.