Naceu no 1961 en Zolle, Guntín, Lugo.
Licenciado en Filoloxía, a súa tese de Licenciatura (inédita) foi "O galego en Zolle (Guntín)".
Profesor de Lingua e Literatura galega no IES Lucus Augusti. Lugo.
- Premio IX Certame de Narracións Breves 'Manuel Murguía', ex-aequo con Xosé Carlos Caneiro. Título do relato: "A fervenza" (2000)
- 1° Accésit no XXVIII Certame Nacional galego de Narracións breves 'Modesto Rodríguez Figueiredo'. Título do relato: "Río de esquecemento". Publicado en 2004 en Ediciós do Castro. (2002)
- Accésit no XXX Certame Nacional galego de Narracións breves 'Modesto Rodríguez Figueiredo'. Título do relato: "A Ponte Cabalar". (2004)
- 1° Premio no IX Certame de Narración Curta 'Ánxel Fole'. Título do relato: "Nube de seda na Lúa". (2007)
- Accésit no Décimo Certame de Cartas de Amor convocado por Radiofusión. (2008)
- X Premio de Narración Curta "Concello de Marín". Título do relato: "O último banco da tarde". (2008)
- Premio no III Certame de Investigación 'Condado de Pallares' co ensaio titulado: O galego en Zolle (Guntín). (2009)
- 2º Premio de relato curto A Pipa de Becerreá. Título do relato: "O ballón do San Xoán". (2009)
- 2º Premio de relato curto na IV edición do certame literario "Terras do Chamoso". Título do relato: "Conta xusta". (2010)- Diplomado en Estudos Avanzados (2010) pola Universidade de Santiago.
- Doutor en Lingüística Galega (2015) pola Universidade de Santiago. Título da Tese de doutoramento: "A lingua no Parlamento de Galicia". (Inédita)
- Director do IES Lucus Augusti de Lugo (1 de xullo de 2011 a 30 de xuño de 2013).
[Novembro, 2018]