Xosé Lois González Vázquez. Humorista, conferenciante, monologuista e tertuliano nacido en Ourense o 3 de abril de 1949. Colabora en La Región de Ourense e en Nós Diario. Fíxoo tamén en Atlántico Diario de Vigo, na revista Sermos Galiza, Revista Galega do Ensino e Tempos Novos.
Creou o personaxe O Carrabouxo, que ten un monumento en Ourense, e que é igualmente pseudónimo do autor. Publicou doce libros de humor gráfico individuais:
Libros publicados:
- Ano e pico de Carrabouxos (Deputación de Ourense).
- Catrocentos Carrabouxos máis (Deputación de Ourense).
- Carrabouxos a esgalla - 1 (Deputación de Ourense).
- Carrabouxos a esgalla - 2 (Deputación de Ourense).
- Carrabouxos - 90 (Deputación de Ourense).
- 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense).
- Veña Carrabouxo (Deputación de Ourense).
- A Sabeliña (A Nosa Terra).
- 318 chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra).
- Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra).
- Humor gráfico. Xosé Lois na Transición (Universidade de Vigo).
- Carrabouxos escollidos (Teófilo Edicións).
Participou, igualmente, en numerosos libros colectivos. Tamén escribiu cinco pezas de guiñol, das que se publicou unha, así como numerosos pregóns e conferencias.
Recibiu a Medalla Castelao en 2008. No 2013 recibiu o Premio Bo e Xeneroso da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Recibiu tamén os premios Galicia de Comunicación (2 veces) e o Xosé Aurelio Carracedo. Ten tamén a Curuxa de Honra do Museo do Humor de Fene. O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo, de 26 capítulos dun minuto de duración, que se emiten en televisión.
[Febreiro, 2022]