José Antonio Cascudo Rodríguez (Guitiriz, 1976)
Licenciado en Historia da Arte e Comunicación Audiovisual, Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento e Técnico Superior de Fotografía Artística.
Na actualidade traballa nunha tese no Departamento de Filosofía moral e Antropoloxía social da USC sobre o cineasta Alexander Sokurov, figura sobre a cal organizou en maio do 2008 o seminario Alexander Sokurov, a voz solitaria do home, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
No eido literario, no 2006 foille concedido o primeiro premio do certame Gzcrea de poesía e posteriormente publicada a obra Manual do misántropo (Espiral Maior, 2007).
Forma parte da antoloxía A cidade na poesía galega do século XXI (Edit. Toxosoutos, 2011), realizada por Gonzalo Vázquez.
No eido audiovisual realiza a obra de carácter experimental Ladaíña nº 1 (fendendo) (2008); como guionista é autor de A realidade máxica (2008), dirixida por María Cordero; así como supervisor de Vikingland (2011), de Xurxo Chirro.
Na actualidade dirixe o documental O instante eterno (en fase de produción), sobre o poeta Xosé María Díaz Castro.
Desde xaneiro do 2012, ten activo o blog _ficcionario (http://antoncascudo.blogspot.com)
[Marzo, 2012]