Volve a neve cubrir a brancura da infancia,
tralos pasos perdidos do inverno,
polos carreiros ocultos da memoria.
Fago, de novo, camiño cara ao centro da aldea,
na encrucillada entrégome á batalla do xogo
que se derrete entre as mans.
Regreso aterecido á calor do lume da casa
-chama acesa do soño-
E descubro, aínda, na brancura da noite
pegadas de nenos.