
Doutor en Antropoloxía Social pola USC (Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social), Mestrado en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural polo CSIC e a USC, e Mestrado en Servizos Culturais pola USC (Facultade de Humanidades). É vicedirector e profesor no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda.
A súa actividade investigadora, antropolóxica e etnográfica, céntrase no estudo do mundo rural e na difusión do patrimonio cultural da Comarca de Deza.
Arredor dela leva impartidas medio cento de charlas sobre os cambios sociais no rural, o patrimonio material e inmaterial castrexo e a microtoponimia en colexios, institutos, centros de formación do profesorado e congresos.
Froito deste labor investigador son os libros:
Para a cativada publicou na serie Os Balbinos, en coautoría con Toño Núñez e Gabriel Iglesias, os seguintes libros:
Foi coordinador do estudo RODEIRO, UNHA TERRA CON HISTORIA, (Deputación de Pontevedra, 2008), do proxecto do IES Pintor Colmeiro A PAISAXE LENDARIA E TOPONÍMICA DO CONCELLO DE SILLEDA (gañador do IX Proxecto Didáctico Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego, 2014-15), e do libro LAMELA, NO CAMIÑO DE PEREGRINACIÓN A COMPOSTELA (Fervenza, 2023). E participou no libro biográfico DON NICANDRO ARES. BO E SABIO (Vozesnavoz Edicións, 2020).
Tamén ten publicado artigos (arredor de tres ducias) de temática histórico-antropolóxica nas revistas Descubrindo, A trabe de ouro, Lucensia, A Estrada-Miscelánea Histórica e Cultural, e nos Estudos de Onomástica Galega da RAG, ademais de ser colaborador no xornal Faro de Vigo con artigos sobre a Comarca de Deza, e no proxecto de recompilación de toponimia GALICIA NOMEADA, dependente da Real Academia Galega e da Xunta de Galicia.
É membro da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO), e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
[Novembro, 2025]
