Nado o 30 de maio en Chantada (Lugo), faleceu o 8 de maio de 2006. Viviu moitos anos en Barcelona, dedicado á literatura e ao xornalismo. Fixo estudios de Bacharelato en Lugo e de Xornalismo en Barcelona. Foi escritor profesional e colaborador de prensa.
Premiado en varias ocasións, o premio que máis ilusión lle fixo foi o que lle concedeu en 1991 o Patronato do Pedrón de Ouro en Honra polo seu labor en pro da difusión en ampla temática da cultura galega no exterior.
É autor de máis de 30 obras sobre a pintura universal, varias delas traducidas ao inglés, ao francés, ao alemán, ao italiano e ao xaponés.
Traduciu ao castelán Aires de mi tierra de Manuel Curros Enríquez. Edición bilingüe, cun ensaio sobre a época, o home e o poeta. Ediciones, 29, Barcelona, 1989.
Colaborou nos diarios La Vanguardia, Tel/Express, Mundo Diario e El Periódico de Barcelona e en La Voz de Galicia da Coruña, así como no Faro de Vigo, O Correo Galego, El Progreso de Lugo e La Región de Ourense, e nas revistas Destino, Mundo, Historia y Vida, Nueva historia e Hora de Poesía de Barcelona e en Triunfo e Tiempo de historia de Madrid. Tamén colaborou asiduamente nas revistas barcelonesas de tema gastronómico Bouquet, Gastronomía y Enología e Comer y Beber.
Pronunciou conferencias e pregóns en diversas poboacións galegas.
Pertence ás seguintes asociacións:
-Asociación Colegial de Escritores de España, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación Española de Críticos Literarios, Association Internationale de Critiques Litteraires de París e Asociación de Escritores y Periodistas Gastronómicos de España.
[Maio, 2019]