Centro de Documentación da AELG
Informe da gavilla - "Recolle os teus tarecos, compañeiro"
Vaqueiro, Vítor

Recolle os teus tarecos, compañeiro,
deixa caer ao chan o desacougo,
guinda lonxe os saloucos medoñentos.
Moi poucas cousas compren:
unha caxata, un acio de cigarros,
unha zocas ben rexas, e unha arela.

Recolle a túa vida, compañeiro:
a noite vai ser longa
e o camiño unha serpe interminábel.