Verónica
Pousada Pardo

Verónica Pousada Pardo (Riós, Ourense, 1987)

Grao de licenciada coa tesiña “Estás coma unha caldeireta. Conceptualización da loucura, cordura, sensatez e insensatez na linguaxe figurada galega”, licenciada en Filoloxía Galega, Máster de Estudios da Literatura e da Cultura e Máster en Profesorado. Investigadora do grupo LITER21 (GI-1839) e persoal científico do Instituto de Ciencias da Educación. Participa no proxecto “Informes de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Membro das asociacións ELOS Galicia – Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil e a Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, sección da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ). Autora de distintas publicacións e comunicacións sobre lingua, literatura e Literatura Infantil e Xuvenil.

Actualmente está matriculada no programa de doutoramento de Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

[Outubro, 2018]

WEBS SOBRE A AUTORA