(1934 - 2011)

Valentín
Arias

Valentín Arias

Sarria (Lugo), 1934.

Ensinante. Colaboracións en xornais e revistas (temática rural maiormente). Escritos e conferencias a prol da lingua galega no ensino. Profesor de galego. Foi xerente de Editorial Galaxia. Cofundador e presidente da Asociación de Tradutores Galegos.

Autor dos seguintes títulos:

- [1972] Lecturas galegas.

- [1983] Lois e Sabe/a.

- [1984] Catro nenos.

- [1993] Prontuario ortográfico de galego.

Biógrafo dos seguintes autores:

- [2001] Antonio Fernández López.

- [2004] Avelino Pousa Antelo.

Traducións realizadas:

- As aventuras deTintín, de Hergé,

- Colección "O rato Pérez", varios autores,

- A volta ó mundo en oitenta días e Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne,

- O estranxeiro, de Albert Camus,

- O silencio do mar e outras narracións, de Vercros,

- O sobriño de Rameau, de Diderot,

- Contos ó teléfono e Contos á máquina, de Rodari,

- Un espía chamado Sara e Memorias dunha vaca, de B. Atxaga,

- O conto de serea e O hostal dos deuses amables, de Torrente Ballester,

- Marcelino pan e viño, de Sánchez Silva,

- Lombroso e os anarquistas, de Ricardo Mella,

- O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Cervantes, (en colaboración), etc.

Premios:

Ramón Cabanillas, Plácido Castro e Nacional de tradución.