Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (Madrid, 1978). Historiador. Doutor en Historia pola Universitat de Barcelona. Profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica. Cofundador e director desde 2003 de Murguía, Revista Galega de Historia. Presidente da Asociación Galega de Historiadores entre 2001 e 2011. Cofundador e presidente do Instituto Galego de Historia desde 2011.
Autor de libros como A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto (FAB, 2002), Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos (Galaxia, 2003), Alexandre Bóveda nos seus documentos (Difusora, 2011) ou Nacionalismo galego aquén e alén mar (Laiovento, 2015); así como coordinador e coautor doutras obras, como A Galiza de Bóveda (Difusora, 2009), Antón Moreda, memoria do exílio (instituto Galego de Historia, 2010), As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX (Laiovento, 2016), A Transición en Galiza (Laiovento, 2019), Exilios, migracións e fronteiras (Instituto Galego de Historia, 2019) Nationalism on the Iberian Peninsula During the Early 20th Century (Center for Basque Studies, University of Nevada, 2021), para alén da súa colaboración convidada en moitas outras obras colectivas, así como numerosos artigos científicos e ponencias en Congresos de ámbito nacional e internacional.
[Decembro, 2024]