Suso Pensado naceu en Arteixo en 1971. Recibiu o III premio Uxío Novoneyra de poesía, en 2004 polo seu libro A Tarde (Espiral Maior, 2005). Como tradutor publicou Cantos de Giacomo Leopardi (Espiral Maior, 1998), O Barco Ebrio de Arthur Rimbaud (Revista Clave Orión, 2000), Serodio Amor de Emilio Coco (Espiral Maior, 2006) e Os Alimentos Terrestres de André Gide (próxima aparición en Laiovento, 2007). Traduciu ao francés a escolma de Xulio L. Valcárcel titulada Le Volume de l'Absence (Auliga-Espiral Maior, 2006) e o libro de poemas Le Feu Blanc de X.M. Álvarez Cáccamo (próxima aparición en Auliga-Espiral Maior, 2007).
[Foto de Suso Fandiño]
[Agosto, 2007]