Nacín en Meira no 84. Son pai de Adriana e ando en bici. Estudei Enxeñería Industrial e un mestrado en Materiais Complexos, pero curiosamente dedícome ao mundo do cinema en Gaitafilmes, son produtor de filmes como DHOGS, Welcome to ma maison ou Ulises. Tamén traballo na industria alimentaria e pertenzo aos grupos musicais Voladura e Os Bluesomes. Dende 2019 participo en publicacións colectivas, revistas e recitais de poesía. O meu primeiro poemario individual titúlase non aparecen bicis (Edicións Positivas, 2023).
[Xaneiro de 2025]