
Soledad García é unha escritora e ilustradora, viguesa de orixe e nigranesa, cunha obra caracterizada polo compromiso coa defensa do idioma galego, do medio ambiente e do patrimonio da comarca do Val de Miñor e de Vigo. Autora de vinte e nove obras dentro do proxecto EMOCIONARIA Arte e Literatura, vinte e catro libros infanto-xuvenís: DEDAS, Un paseo por Nigrán, Un paseo por Baiona, A walk in Baiona, Un paseo por Gondomar, SAMAGOSTÍN, URCO unha historia reciclada, VERSOS E ABELLAS para salvar o planeta, ZOO LIBRE, Herbario do Solsticio de Verán, Un paseo polo Nadal de Vigo, VERSES AND BEES to save the planet, SON XENA Adóptasme?, LOST, O soño de SEDNA, Misión para unha formiga, Caderno de Actividades VIGO Planeta, CARLA a golfiño cachalote, O Barco do Nadal, A órbita de Briana, Unha historia diferente do parrulo feo, A árbore dos chupetes, DUNES e HEROES. Participa en diversos festivais poéticos e realiza sesións de contacontos. É a creadora de PUEOSÍA, un proxecto de poesía visual que potencia a creatividade a través do xogo con imaxes, ideas e reflexións, e de tres poemarios ilustrados: APOSIOPESE, O Camiño de Perséfone e POEMARcovida, homenaxe ao traballo do persoal sanitario e de protección civil durante a pandemia.
Entre os seus últimos premios literarios, a maioría recollidos na obra AFOUTEZA, destacan:
Timmy, premio do público II Certame de Relatos Cachi Villalba
Nerón no reverso das vías, finalista XIII Certame de Relatos Vigo Histórico
Rockwell Mazos de auga, 1o premio IX Certame de debuxo e creación literaria Avelino Díaz
Proisurus, 1º premio XXIX Certame Literario de Piñor de Narracións Breves
O torque de Mañufe, 1º premio de relato curto X Certame Literario Verbas Novas
Artesa de voz, 1º premio I Concurso de poesía "Seraogna": a escola sen acoso
Val de mil cores, 1º premio de poesía X Certame Literario Verbas Novas
Lampantasma, 2º premio de II Concurso de Relato Curto do Concello do Rosal
O Belén de Begonte, 2º premio de II Certame audiovisual sobre o Nadal
Ubuntu, 2º premio de relato VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz
Operación Macaco, finalista XII Certame de Relatos Vigo Histórico
Henko, 3º premio de poesía VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz
Ensino Público, 2º premio Mellor Sección de Opinión X Proxecto Faro da Escola de Faro de Vigo
Cutis mea denigrata est super me et ossa mea aruerunt prae caumat, mención de Honra Certame Poesía Manuel Oreste Rodríguez López
Tindouf [ⵜⵉⵏⴷⵓⴼ], mención de Honra Concurso Literario e Artístico As cousas de Castelao
Non quero que se perda, 1º premio de Fotografía Literaria Ollo con Nigrán
Unha aldea de luz, 2º premio no IV Certame Exeria do Ateneo Atlántico de Vigo
Carballo, finalista X Certame de Relato Curto FANPA
MAI · Muller Amadora Ígnea, 1º premio no XXXII Certame Literario Xaime Illa Couto de Poio
Centón Villaltiano, 1º premio no XVIII Certame Literario Verbas Novas
Nigrán o corazón de todas as paisaxes, 1º accésit II Certame Vídeoliterario Ollo con Nigrán
Bethléem, 1º premio no XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal
O camiño de Perséfone, 1º premio no VIII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María de Gipuzkoa
As palabras son cinzas por soprar, 1º premio no XXVIII Certame de Poesía Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela
APOSIOPESE, 3º premio no XI Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo
Nunha vila caben todos os ventos, 1º premio no III Certame de Relato O Enxeño Engaiolado de Baiona
Haberán de construír un cemiterio nas illas, algún día!, 1º premio no XIX Certame de Relato Curto de Mugardos
Vivaldi de haikus, 1º premio no XIX Certame de Poesía Anomar
Mil bandeiras para España, 2º premio I Slam Semana Poética Victoriano Taibo
Crisálida, 1º premio no II Certame Literario de Microrrelato Aliteraclara
Ten publicado vinte e dúas obras colectivas nas editoriais Elvira, Kalandraka, Galaxia, no blog-revista Versos e Aloumiños, INviable... e na revista do Instituto de Estudos Miñoráns, no que forma parte do grupo de Promoción do Uso do Galego.
[Outubro, 2026]
