Sica
Romero

Sica Romero nace en Carnota no 1995 e vive os primeiros anos entre Galiza e Tenerife. No 2018 gradúase en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en arte contemporánea e performances. Fai o mestrado de Xestión de patrimonio, museística e mercado da arte (2019) e marcha a León onde combina o seu traballo no MUSAC cos estudos na Formación de profesorado. Foi alí onde escribiu Avelaíñas eléctricas (Nêspera, 2022), a súa primeira obra de narrativa.

No 2023 publica o relato ‘Nube’ na antoloxía Alguén nos lembrará (Xerais), participa na REGA23 (Residencia literaria da Cidade da Cultura) e na I Residencia literaria da Illa de San Simón. No 2024 élle concedido o XXVII Premio de Narrativa Arcebispo Juan de San Clemente, na categoría de lingua galega, por Avelaíñas eléctricas.

[Xaneiro, 2025]