Senén Peleteiro (1995) é un poeta do compostelán barrio de San Pedro. É graduado en Historia pola USC cun máster en profesorado. A súa escrita comeza na adolescencia en paralelo ó seu interese na lectura poética. É na súa etapa universitaria onde publica os seus primeiros textos e poemas en medios de difusión culturais do momento. Despois dunha estancia no estranxeiro, volta a Compostela e funda Revista Pantano, colectivo artístico-literario ideado como plataforma para dar visibilidade a proxectos e suxestións culturais alternativos. Publica, xunto a dúas compañeiras desta asociación, Experiencia Piloto (Medulia, 2021), unha proposta de poesía ilustrada colaborativa. Despois de unha tempada de traballo, publica a título persoal, A teoría da pedra (Toxosoutos, 2023), obra onde conxuga un orixinal estilo poético cun imaxinario visceral e reflexivo. Na actualidade, prosegue a súa actividade na Revista Pantano e desenvolve un espectáculo de poesía musicada ó longo de espazos culturais da xeografía galega.
LIBROS PUBLICADOS
Experiencia piloto (Medulia, 2021). 9788412417371.
A teoría da pedra (Toxosoutos, 2023). 9788412703900.
[Abril de 2024]