Santiago
Jaureguizar

Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965). Xornalista de El Progreso de Lugo. Encadrado no movemento Bravú.

Como narrador publicou os seguintes libros:

- [1995] Fridom spik

- [1995] Todo a cen

- [1998] Comendo espaguetis diante da televisión

- [1998] A rutina corsaria

- [2001] As horas sucias

Foi pioneiro na introdución da literatura galega na rede, con proxectos como "Familia feliz" en www.vieiros.com ou a web www.infimos.net . Tamén ocupa o posto de "vocalizador" en Elvicristo Machine, grupo de narrativa trip-hop.

[Febreiro, 2002]