Ruth
Varela

Arquitecta e investigadora. Diploma de Estudos Avanzados pola Facultade de Xeografía e HIstoria da USC.

Especializada en arquitectura efémera, desenvolve dende o ano 1996 proxectos singulares nos ámbitos da cultura, a arquitectura e o desenvolvemento local.

Os seus proxectos expositivos, culturais, e arquitectónicos teñen recibido numerosos premios, entre os que destaca o recoñecemento do xurado francés nas XVIII Journées Européennes du Patrimoine, en Francia, e catro Premios COAG, concedidos polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Como investigadora obtén o Premio de Investigación da Deputación de Pontevedra, cun proxecto sobre as poéticas do espazo en Galicia, aportando unha tradución espacial e gráfica de fragmentos seleccionados da obra de Gaston Bachelard. Asemade, traballa como analista de intelixencia no sector da economía social e participa en proxectos de investigación nas áreas de patrimonio, turismo, e renovación urbanas. Dende o ano 2007 desenvolve unha liña de investigación sobre a Flor de Santiago e funda o Proxecto cultural do mesmo nome: flordesantiago.com

Ten publicado artigos en revistas e medios como Pasajes de arquitectura y crítica, ViA Arquitectura, Raçons Publics, Arte y Cemento, ZARCH: Journal of Interdisciplinary studies in Architecture and Urbanism, RITA: Revista Indexada de Textos Académicos, ou no Suplemento cultural do xornal El Mundo, entre outros. Flor de Santiago é o seu primeiro ensaio histórico.

[Xaneiro, 2018]