Rodrigo
Costoya Santos

Torrelavega, 1977.
Afincado en Santiago de Compostela, onde exerce como profesor no instituto Rosalía de Castro, o autor dá inicio a través da novela Portosanto á triloxía «De luz e de tebras». Unha saga enmarcada no ocaso da Idade Media que recrea a loita incesante do ser humano contra a escuridade a través das tensións que forxaron o devir da Humanidade ao longo dos séculos. Esta novela, publicada orixinalmente en galego en 2017 (Ed. Toxosoutos), supón unha historia atemporal que ve a luz a través deste primeiro título, e que xa tivo continuidade a través do segundo, Misarela, finalista do certame de novela Torrente Ballester convocado pola Deputación da Coruña na súa edición de 2018 e gañadora do Certame Internacional de novela histórica "Ciudad de Úbeda" unha vez traducida ao idioma castelán. Tras este galardón foi publicada co título de El custodio de los libros, en galego co título orixinal ("Misarela", editorial Galaxia). A terceira novela, que completa a triloxía, está xa publicada (en castelán) co Grupo Planeta (maio de 2022).

[Setembro, 2022]