Vigo, 1966. Doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro. Sobre este autor ten publicados numerosos artigos e estudos, entre os que salienta Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación, premio Carvalho Calero de investigación e Álvaro Cunqueiro e as amizades catalás, publicado en Edicións do Castro. Este mesmo mes de decembro asina, xunto a César Morán, a edición da Fotobiografía sonora de Álvaro Cunqueiro, da editorial Ouvirmos.
Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universitat Autònoma de Barcelona. Desde este ámbito desenvolveu unha intensa actividade de divulgación da cultura galega na sociedade catalá.
Exerceu a crítica teatral na revista El Público e a crítica literaria para, entre outras publicacións, Quimera, Anuario de Estudos Galegos, Grial ou A Nosa Terra.
Dentro do eido da lexicografía, traballou como redactora de numerosos diccionarios bilingües da editorial Larousse e no Diccionario Vox galego-castelán.
Colaborou na sección "El Trujamán" do Centro Virtual do Instituto Cervantes.
É premio Sthendal, e finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro.
Responsabilizouse da edición dos artigos ensaísticos de Suso de Toro publicados por Xerais baixo o título Ten que doer. Literatura e identidade.
Actualmente é Profesora asociada do departamento de lingua española na Universidade de Vigo e profesora de lingua e literatura galega no IES Val Miñor de Nigrán. Colabora tamén como columnista no semanario A Nosa Terra.
Cardume, primeira incursión na creación literaria desta autora, obtivo o Premio Xerais de Novela 2007.