Raquel Fernández Fernández (Nigrán 1972) exerce no sector da restauración dende un restaurante da súa propiedade no Val Miñor. Escribe dende nena e é lectora voraz dende que ten recordos, o que marcou a súa relación coa literatura e a poesía.
Ao longo dos últimos anos acadou máis dunha quincena de premios polo seu labor poético e narrativo, entre os que destacan o Certamen Mensajes a un Maltratador do Ayuntamiento de Madrid (2017) o primeiro premio das Mulleres Progresistas de Vigo en dúas ocasións (2017, 2019), o Certame Literario do Concello de Ames (2020) en dúas modalidades (Poesía e Narrativa), o segundo premio poesía do Certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de relatos en prol da igualdade do Concello de Melide (2021), o premio Illa Couto de narrativa (2022), o Certame de microrrelatos do Concello de Vilalba en tres ocasións (2020, 2022, 2023).
Ten publicado diferentes relatos e poemas en diversas antoloxías resultado destes premios.
No outono do 2022 asiste ao Obradoiro da Escola de Escritores da Editorial Galaxia a cargo de Diego Giráldez, onde acada o pulo necesario para presentar a súa primeira novela Contas de Buxo a dita editorial (publicada na colección Costa Oeste en marzo do 2924).
En xuño do 2024 resulta gañadora do XVI Premio Jules Verne da Editorial Xerais coa obra I´m Obélix (publicada en outubro dese mesmo ano).
[Xuño de 2025]