Non sabería decir moi ben de onde son, xa que aínda que nacín en Camariñas en 1963, crieime, criáronme, en varios sitios polos que a familia foi dando tombos e, despois de xa criado, seguín peregrinando pola miña conta. Deixémolo en que son coruñés, é a definición coa que máis me identifico.
Licenciado en Xeografía e Historia na USC dedícome á docencia de ditas materias no ensino secundario. Pertenzo a unha xeración que non foi escolarizada en galego, nin sequera figuraba a nosa lingua como materia no currículo educativo, polo que corrixín esa eiva cursando estudos na EOI da Coruña, e outras institucións. Son autor de varios manuais sobre lingua galega, todos eles publicados na Editorial Baía.
Tamén cultivo a narrativa, tanto relato curto como novela e hoxe debuto no xénero da autobiografía, aínda que teño a sensación que isto último non é o meu..
Publicacións
- Manual práctico de galego (5ª edición adaptada á nova normativa). Baía Edicións, 2006.
- Galego para cursos de iniciación. Baía Edicións, 2002.
- Galego para cursos de iniciación. Solucionario. Baía Edicións, 2002.
- Galego práctico na aula. Baía Edicións, 1997.
- 1000 preguntas de galego tipo test. Baía Edicións, 1996.
[Marzo, 2025]