A HORA DURA Chegou a hora dura de ofrecer as verdades. Certezas i esperanzas dunha man extendida ó destino agardando do milagre do aroma, si os pétalos da flor seu aroma trascenden. Acaso sexa o nardo o da ausencia que unxe se os beizos son suaves e teñen luz de engado, para a cita dos soños. Para o tacto do bico. Para ise manantío ledicioso da música. Abro a ventana para a aleluia dos páxaros, i escribo sobre a pel dunha flor ou meixela. Nunha ponla do outono. No brillo dunha azas. Un quente alento sela a dozura do gozo. A xema abermellada da seda cariciosa, do beixo na área húmeda. Da promesa medrada, que abre en flor á marea da paixón madrugando. |