Centro de Documentación da AELG
Náufragos da elexía - II. A FÍO DE COITELO (Escolma)
Vázquez, Pura
v2puravazqueznaufragosdaelexia002.html
      ESTA AFOGANTE ARGOLA


Ninguén chega a rachar o pulo que nos sitia.
Esta argola de ferro. Esta abafante pouta,
do veludo da noite. Desa nebra que enfría.
Da tristeza sen bágoas. Ise cíngulo denso.

Ninguén acude xa ós xardíns engadantes
afiando o callado estambre das lembranzas.
Están as hedras mestas. As cimas calcinadas
do páxaro cantor pola árbore sen ramas.

Ninguén estala ise "ai" de queixa polo vento
navegante de nubes. De luces apagadas.
E o loureiro e o sándalo do soño se perfilan
asallando entre as follas e as cinsas, as pegadas.