ESTÀS Estás. Existes baixo uns ceos sosegados e as múltiples ribeiras. Vértebra anceante. Corazón que adoza o meu sono e vixilia en cada hora. Eres fronteira para a festa e pranto. Un anxo que me chama e se desvea. Aire e lume volvéndome as imaxes dun tumulto ostinado de clamores. Enmárcaste na múltiple evidencia. Na pel das ondas, nos latexos cálidos, no gozo entre os susurros do averío. Río medrando en transparentes marxes. Mar de horizontes amplos, repetidos nas miñas persistentes soedades. |