Pilar Vázquez Cuesta naceu en Chantada o 25 de abril de 1926, e faleceu o 6 de marzo de 2019. Despois de terminado o Bacharelato, matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e licenciouse en 1946. En 1976 acadou, por oposición, a praza de agregada de Lingua e Literatura Portuguesas na Universidade de Salamanca da que foi catedrática até 1988.
Estudosa das culturas portuguesa e brasileira, elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao español de autores portugueses e brasileiros.
En 1988 volve a Galiza cando se crea a Cátedra de Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela que detentará até a súa xubilación en 1991, momento en que é nomeada Profesora Emérita.
Na década dos noventa, a profesora e escritora viuse recoñecida institucionalmente coa concesión en 1996 da medalla Castelao.
[Marzo, 2019]